Numerosos servizos en liña fallan a nivel mundial por mor dunha incidencia en AWS
luns, 20 de outubro do 2025

- Downdetector rexistrou fallos simultáneos en numerosos servizos
Esta mañá Amazon Web Services (AWS) sufriu unha caÃda masiva que afectou a centos de servizos dixitais en todo o mundo, provocando interrupcións en plataformas tan populares como Alexa, Snapchat, Canva, Airtable, Perplexity ou mesmo videoxogos como Fortnite. A incidencia, centrada inicialmente na rexión US-EAST-1, estendeuse a outras zonas, xerando un colapso global en servizos que dependen da infraestrutura da nube de Amazon.
Segundo o panel de estado de AWS, os primeiros problemas detectáronse ás 9:11 horas, cando se comezaron a rexistrar taxas elevadas de erro e elevadas latencias en múltiples servizos. A compañÃa comunicou que estaba a investigar o motivo e traballando para mitigar os efectos. Na actualización publicada ás 11:27, Amazon indicou que xa se observaban signos significativos de recuperación, aÃnda que persistÃa unha acumulación de solicitudes pendentes.
A magnitude da interrupción puxo de manifesto a dependencia crÃtica que moitas empresas e aplicacións teñen da infraestrutura de AWS. O asistente virtual Alexa deixou de responder, as rutinas programadas non funcionaban e os usuarios de Reddit informaban de fallos xeneralizados. Plataformas como Perplexity confirmaron que a súa caÃda estaba directamente relacionada co fallo de AWS, segundo declarou o seu director xeral, Aravind Srinivas, na rede social X.
Esta non é a primeira vez que AWS experimenta problemas de gran alcance. Incidentes similares na mesma rexión afectada xa se produciron en 2020, 2021 e 2023, provocando interrupcións prolongadas en multitude de servizos. A repetición destes eventos abre interrogantes sobre a resiliencia da infraestrutura da nube e a necesidade de alternativas ou medidas de contención máis robustas por parte das empresas que dependen dela.
ACTUALIZACIÓN: Dende Redsys confirman ter unha incidencia (que non parece relacionada con AWS), que provocou «unha caÃda temporal e parcial debido a un problema na infraestrutura de comunicacións», asegurando que o incidente foi «detectado e solucionado» de xeito que os seus servizos estarÃan en recuperación. A incidencia terÃa afectado a pagamentos en establecementos comerciais, ao uso de caixeiros automáticos e incluso aos intercambios económicos a través de Bizum.
