O Apple TV chega oficialmente a España
xoves, 11 de novembro do 2010A compra e aluguer de
pelÃculas a través de iTunes dende España é unha nova que non chega soa,
senón que esta mesma semana Apple
pon á venda en España o seu novo Apple TV, un dispositivo de reprodución
multimedia que podemos conectar ao televisor para amosar fotografÃas e música
de iTunes almacenada nun ordenador, alugar pelÃculas de iTunes, visualizar
vÃdeos de YouTube… por un
prezo de 119 euros, o que parece bastante elevado para un dispositivo que
non soporta vÃdeo a 1.080p e que vese superado por moitos competidores. Sen ir
máis lonxe, o
web:tv de Blusens é moito máis completo tanto na reprodución multimedia,
como en prestacións adicionais (incorpora sintonizador de TDT de alta
definición con posibilidades de gravación).
AÃnda que o novo Apple TV vai ter complicado atopar un espazo no mercado,
existe a posibilidade de que faciliten a venda de aplicacións para o mesmo, o
que poderÃa incrementar considerablemente as súas posibilidades e o seu
atractivo, pois este trebello traballa cun sistema operativo semellante ao do
iPhone.
- Nos EE.UU. Apple TV permite o acceso a servizos coma Netflix, mentres que en España o trebello padece unha seria carencia de contidos.