O BNG aposta pola participación cidadá na súa nova web municipal
luns, 27 de decembro do 2010
O Bloque Nacionalista Galego presentou
este luns en Santiago unha nova páxina web para achegarlle á cidadanÃa
maior información da actividade local do partido. A web municipal do BNG foi
dada a coñecer polo secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo, e máis
a secretaria de Comunicación, Rosana Pérez. Os internautas, que terán deste
xeito máis contacto co traballo nacionalista nos concellos, poderán ter acceso
ao sitio a través da páxina
nacional do BNG ou ben introducindo o dominio directo: www.bng-galiza.org/concellos. Durante
o transcurso da presentación, Antelo fixo fincapé no gran obxectivo da páxina:
contribuÃr a que a cidadanÃa perciba o compromiso do BNG no eido local, dando acubillo
tamén a novos servizos para as mulleres e homes militantes do partido, e máis
polo miúdo ás concelleiras e concelleiros.
Rosana Pérez engadiu un obxectivo máis, relacionado cos novos tempos da
rede e da cidadanÃa dixital: con esta nova páxina, subliñou, o Bloque quere
abrir un portelo á participación en liña, ao diálogo cos cidadáns e á
proximidade da polÃtica municipal do BNG coa xente.
A páxina, dende un punto de vista duplo (feitura e funcionamento) é filla do seu tempo: estará en desenvolvemento continuo, facendo gala de valores como a transparencia e o traballo en rede, sinalaron Antelo e Pérez. Na súa opinión, a web e tódolos elementos que pon en xogo responden ao compromiso do Bloque coas innovacións tecnolóxicas. Mostra disto, sinalou Rosana Pérez, é o feito de que o partido nacionalista teña arestora 97 perfÃs en Facebook. Asemade, TeleBNG (a canle da agrupación polÃtica no YouTube) é a canle audiovisual que obtivo o meirande seguimento de tódalas forzas polÃticas do paÃs, con
con 470 subscritores, 356 vÃdeos de produción propia e 272.000 vistos.
