O CESGA acollerá unha fábrica europea de IA
venres, 10 de outubro do 2025
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de ser seleccionado para acoller unha das seis novas fábricas europeas de intelixencia artificial, que se centrará no ámbito da saúde e contará cun investimento de 82 millóns de euros. Asà o notificou a Empresa Común de Computación de Altas Prestacións Europea (EuroHPC JU), unha iniciativa conxunta da Unión Europea, varios Estados membros e socios privados, ante a que a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC) presentaran en xuño a candidatura galega para dispoñer dunha infraestrutura desta natureza.
Na actualidade existen trece factorÃas con sede en doce paÃses (Alemaña, Austria, Bulgaria, Eslovenia, España —en Barcelona—, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Luxemburgo, Polonia e Suecia), ás que se suman agora seis novas instalacións, unha delas en Galicia. A adxudicación ao CESGA converte España, Alemaña e Polonia nos tres únicos paÃses con dúas fábricas de IA, o que sitúa Galicia nun posto de referencia en tecnoloxÃas profundas e biotecnoloxÃa.
A nova fábrica, denominada 1HealthAI, especializarase no ámbito sanitario. Permitirá dotarse dun supercomputador especÃfico para IA e dunha plataforma avanzada optimizada para IA experimental, ofrecendo servizos de apoio integral gratuÃto a empresas e centros de investigación.
Galicia captará 65 millóns de euros en fondos europeos e estatais (41 e 24 respectivamente), que a Xunta complementará con 17 millóns máis de recursos propios. Esta capacidade de mobilización financeira, segundo destacou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pon de manifesto o sólido posicionamento do sistema galego de investigación e innovación.
A factorÃa galega, liderada polo CESGA e coliderada polo CSIC, conta co apoio das tres universidades públicas, de varios centros da Rede CIGUS, do Hub Europeo de Innovación Dixital DATAlife e do centro tecnolóxico Gradiant, entre outros axentes.
Esta iniciativa, impulsada pola Xunta como parte do seu compromiso co avance tecnolóxico, foi presentada a inicios de ano ao CSIC e aos ministerios de Ciencia, Innovación e Universidades e de Transformación Dixital e da Función Pública. Tras a resolución favorable, o conselleiro Román RodrÃguez felicitou o CESGA polo seu traballo (como tamén fixo o presidente da Xunta) e agradeceu a implicación das institucións participantes, exemplo de cooperación institucional na obtención de proxectos e financiamento.
O responsable autonómico celebrou a consecución deste «fito histórico, un proxecto insignia que vincula a biotecnoloxÃa e a intelixencia artificial e que nos sitúa na elite europea neste ámbito». Subliñou tamén o «potencial galego nestes eidos, dúas liñas estratéxicas do Plan galego de investigación e innovación 2025-27». Con este resultado cúmprese un dos obxectivos do Plan, que prevé as fábricas de IA como espazos para xerar ecosistemas colaborativos, dinámicos e innovadores, favorecendo a aplicación destas tecnoloxÃas en sectores clave.
O CESGA, segundo lembrou, é un actor fundamental neste proceso. A Xunta impulsa xa a construción dunha nova sede no polÃgono da Sionlla (Santiago de Compostela), cun investimento de 56 millóns de euros cofinanciados polo PERTE Chip e fondos propios. As obras, que comezarán este mes, permitirán albergar a fábrica 1HealthAI e ampliar a capacidade do centro, consolidando Galicia como referente internacional.
O proxecto suporá un forte impulso á innovación, á competitividade empresarial, á creación de startups e á atracción de talento, especialmente nos sectores das ciencias da vida, a investigación sanitaria e a biotecnoloxÃa.
A candidatura, presentada en xuño, contou co apoio de máis de sesenta entidades nacionais e internacionais, entre elas o Barcelona Supercomputing Center (BSC). A súa calidade baséase na fortaleza da I+D+i galega, no dinamismo dos ecosistemas de IA e biotecnoloxÃa e no prestixio do CSIC, patrono do CESGA xunto coa Xunta.
Desde Galicia, 1HealthAI fomentará a cooperación con outras fábricas europeas centradas en sectores afÃns e abordará, desde a investigación e a innovación, os desafÃos globais do enfoque One Health, que procura equilibrar e optimizar de forma sustentable a saúde das persoas, os animais e os ecosistemas.
A factorÃa galega aplicará este enfoque aproveitando a ampla xeración de datos sanitarios, biotecnolóxicos e ambientais existente en Europa, con campos de traballo que abranguen a medicina personalizada, o envellecemento saudable, a xestión mariña, a biotecnoloxÃa azul, a agricultura, a gandarÃa, o sector forestal, os alimentos funcionais, a bioenerxÃa e o desenvolvemento farmacéutico e de vacinas.
As fábricas de IA, promovidas pola Comisión Europea, funcionan como espazos de deseño, experimentación e aplicación de solucións baseadas en intelixencia artificial. Dispoñen de infraestruturas avanzadas, grandes volumes de datos, ferramentas especializadas e persoal altamente cualificado, favorecendo a innovación, a formación e a colaboración entre empresas e centros de coñecemento.
Estas instalacións non só impulsan a innovación tecnolóxica, senón tamén a competitividade rexional, a diversificación económica e a creación de emprego cualificado. Ao integrar supercomputación e xestión de datos de forma segura e accesible, contribúen á soberanÃa tecnolóxica europea e a un desenvolvemento sustentable e ético da IA.

- O conselleiro de Ciencia, Román RodrÃguez, felicita ao equipo do CESGA
