O CESGA mostra hoxe o potencial da supercomputación en materia de servizos mariños

mércores, 27 de setembro do 2017 Redacción

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) prosegue hoxe o seu labor informativo e divulgativo (logo do achegamento de onte ás tecnoloxías cuánticas, e como precedente das xornadas de mañá e pasado mañá, arredor da Rede Española de Supercomputación e das tecnoloxías HPC, respectivamente). Pois ben, o evento de hoxe (un seminario científico) ten como fío temático os Servizos mariños e a supercomputación, experiencias e retos futuros. A xornada, que se celebra na sede do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Santiago, diríxese a mostrar o amplo potencial do cómputo avanzado como “ferramenta fundamental para as simulacións numéricas en oceanografía”.
Este potencial, impulsado pola mellora da potencia e da capacidade de almacenamento dos equipos informáticos, xa permitiu o desenvolvemento de simulacións rexionais da circulación costeira a alta resolución e ao longo de de períodos longos.
“A supercomputación”, informa o CESGA, “está a posibilitar que varios usuarios da comunidade española manteñan servizos de predición de curto prazo da circulación oceánica como o servizo IBI do programa Copernicus mariño ou servizos de predición rexional en Galicia”. Ademais, engade o centro, o financiamento europeo e autonómico destes servizos permite o uso de cómputo avanzado dentro da RES (por exemplo os servizos devanditos execútanse no CESGA).
Estes servizos de predición, así como simulacións costeiras e rexionais están a utilizarse no desenvolvemento de servizos baseados en observacións e modelados para distintos usuarios mariños (acuicultura, pesqueiras, turismo...).
Indo ao miolo da xornada de hoxe, a continuación damos conta do programa.
9:30 Benvida e Introdución á Xornada Servizos Mariños e HPC, Javier García Tobío (CESGA)
9:45 Presentación da RES, Carlos Fernández Sánchez, CESGA
10:00 Juan Touriño (Universidade da Coruña) Rede Galega de HPC (http://ghpc.udc.es)
10:15 Juan Añel (Universidade de Vigo) Computación de Altas Prestacións e Modelado de Ciencias da Atmosfera e do Océano
Servizos mariños
10:35 Ricardo Torres (PML): Servizos Mariños no Plymouth Marine Laboratory
11- 11:30 Pausa
11:30 Juan Taboada (Meteogalicia): Servizos de predición mariña e oceánica en Galicia para usuarios finais
11:50 José Chambel Leitao (Hidromod): Necessidades computacionais de serviços operacionais de
escala local
12:10 Luis Ferrer (AZTI): Servizos mariños no País Vasco
12:30 Manuel Ruiz Villarreal (IEO): Servizos mariños para acuicultura e pesqueiras
12:50 Rui Vieira (Oceanic Observatory of Madeira, OOM): HPC applications for Madeira Archipelago
13:10 Baptiste Mourre (SOCIB): Observacións, predicións e servizos mariños no Mediterráneo Occidental.
13:30-14:30 Xantar
14:30 Roland Aznar (Portos do Estado): IBI Copernicus Marine Service
14:50 Francisco Doblas-Reyes (BSC-CNS): The evaluation and quality control of seasonal climate forecasts in the C3S
Reanálisis mariñas
15:10 Gabriel Jordá (IMEDEA, UIB-CSIC): Modelización climática do Mediterréano: A iniciativa MedCORDEX.
15:30 José Carlos Garrido (UMA): Estreito de Xibraltar e Mar de Alborán. Jose Carlos Garrido (UMA)
15:50 Marta-Almeida (Campus do Mar IEO-Uvigo): Simulación decadal no Atlántico Ibérico
16:20 Neven Fuckar (BSC-CNS): On the results of EOS-COST Polar Ocean Reanalysis Inter-comparison Project (ORA-IP).
16:40-17:10 Café
HPC retos e infraestruturas
17:10 Antonio Cofino (Universidade de Cantabria): Servizos climáticos en infraestruturas HPC, Cloud e Grid
17:30 Pablo Rey Mayo e Aurelio Rodríguez López (CESGA) Infraestruturas para servizos mariños e reanálisis
18:00 Retos futuros. Moderadores: Manuel Ruiz Villarreal, Carlos Fernández, Andrés Gómez e Juan Taboada
18:45 Peche
Financiamento xornada: Rede Española de Supercomputación (RES), financiamento complementario Rede Galega HPC e Instituto Español de Oceanografía (IEO).

PUBLICIDADE