
Os obxectivos do evento pasan, en boa medida, por describir pedagoxicamente a fusión de paradigmas de informática cuántica con intelixencia artificial cuántica e cos conceptos englobados baixo a etiqueta de Machine Learning (máquinas con capacidade de aprender conceptos e tomar decisións). Ao mesmo tempo, abordarase a necesidade de afondar no desenvolvemento de hardware cuántico con software cuántico.
Segundo informa o CESGA, o profesor Enrique Solano é o director do grupo Quantum Technologies for Information Science (QUTIS), na Universidade do País Vasco en Bilbao. A súa equipa está considerada un dos think-tank teóricos máis creativos e influentes no amplo espectro das tecnoloxías cuánticas, sexa na computación cuántica, simulación cuántica, ou biomimética cuántica. De feito, unha gran cantidade das propostas feitas polo QUTIS foron recollidas e implementadas nos maiores laboratorios de tecnoloxías cuánticas, sexa en institucións científicas como ETH Zürich, ou grandes empresas tecnolóxicas como Google.
O programa do evento compleméntase cunha visita ao Laboratorio Óptico da USC, e (con participación de público limitada) coas intervencións dos investigadores Joaquín Ossorio (ITMATI, Universidade de Santiago), Marcos Curty (Universidade de Vigo) e Andrés Gómez (CESGA).
O CESGA achéganos o día 26 á tecnoloxía cuántica: computación e intelixencia artificial
Compartir Este Artigo
