O CESGA reforza o seu compromiso informativo co DÃa Mundial do IPv6
martes, 31 de maio do 2011
Compostela, máis polo miúdo a sede do CESGA no
Campus Sur da cidade, foi este luns un dos emprazamentos elixidos para dar
difusión a través dunha conferencia de Jordi Palet (coordinador de 6Deploy) á
actividade informativa conxunta que prepara a Internet Society para conmemorar
o DÃa Mundial do IPv6.
Esta cita festiva avanzada onte luns
no CESGA e máis noutros centros de investigación estatais será o vindeiro 8 de
xuño. Lembrar que o devandito centro galego xa
deu claras mostras de actividade no camiño de ter informada á sociedade
galega sobre as implicacións deste evento e do que leva detrás.
Para quen non coñeza o miolo da celebración, cómpre
lembrar que o DÃa do IPv6
é un experimento-test no que van tomar partido algúns dos sitios máis
importantes da Web (Yahoo!, Facebook, Google, Akamai ou Limelight), coordinados
pola Internet Society, coa finalidade de divulgar as vantaxes do novo
protocolo.
A cita conxunta tamén servirá para preparar o
terreo, a comunidade de internautas por enteiro, para a chegada masiva dos
sitios con IPv6.
A dÃa de hoxe, servizos como Google ou
Facebook xa operan co dito protocolo, aÃnda que non nomes diferentes aos que xa
coñecemos. Trátase de http://ipv6.google.com
e máis de www.v6.facebook.com. Segundo
conta a Internet Society, todo indica a que tanto internautas como
infraestrutura están de abondo preparados para activar de xeito directo este
novo protocolo nos sitios oficiais, sen afectar negativamente aos usuarios. A
isto tamén contribúe o máis que seguro esgotamento dos enderezos IPv4, feito
que vén certificado pola entrega simbólica, o pasado mes de febreiro e de mans
da Axencia de Asignación de Números de Internet, dos últimos IPv4 que van estar
dispoñibles no mundo.
A celebración que prepara a Internet Society o
8 de xuño desenvolverase ao longo de 24 horas. Entre outras cousas, tirarase
partido da mesma para facer campañas de divulgación, recadar información real
na Internet e sensibilizar á comunidade en liña e aos fabricantes de
navegadores e sistemas operativos a impulsar o cambio cara ao IPv6.
