O CITEEC premiará os cómics que mellor visualicen as contribucións STEM das mulleres
xoves, 7 de maio do 2026
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e EnxeñarÃa Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña convoca a primeira edición do seu Concurso Escolar de Cómics, un certame destinado a alumnado de primaria e secundaria que busca dar visibilidade ao traballo da muller na enxeñarÃa.
O concurso, convocado con motivo do DÃa Internacional da Muller na EnxeñarÃa, pretende contribuÃr á redución da fenda de xénero nos ámbitos STEM (siglas en inglés de Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemáticas), eliminando prexuÃzos e estereotipos, ademais de poñer en valor o papel do cómic como ferramenta de divulgación para todas as idades.
Neste contexto, as obras presentadas tratarán sobre a vida e o traballo das mulleres cuxa actividade laboral se encadre nalgún dos ámbitos STEM mencionados, independentemente do marco temporal (pasado, presente ou futuro).
Outorgarase un premio por cada modalidade (primaria e secundaria) que consistirá nunha visita guiada ao CITEEC para a persoa gañadora cun máximo de 25 acompañantes, un lote de regalos do centro, a impresión con formato póster do cómic gañador e a difusión da obra e autorÃa nas canles de comunicación do CITEEC.
O prazo estará aberto ata o 12 de xuño de 2026 para calquera estudante de primaria e secundaria dos centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia. A participación poderá ser individual ou en parella. Toda a información relativa a inscrición, caracterÃsticas das obras e fallo do xurado está dispoñible na páxina web do CITEEC ou no código QR do cartel.
