O CITIC loita contra a COVID-19 dende unha chea de frontes tecnolóxicas e solidarias
xoves, 16 de abril do 2020
Dende
o inicio da crise sanitaria producida pola COVID-19, o
Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña está
traballando para ofrecer solucións de valor para a loita contra o
virus. A
continuación damos conta dalgúns dos
principais proxectos que se están desenvolvendo dende o centro
coruñés.
· Nomeamento
de Ricardo Cao como presidente do comité de expertos da Acción
Matemática contra o Coronavirus.
O
investigador e membro do comité de dirección do CITIC, Ricardo
Cao, foi nomeado polo Comité Español de Matemáticas (CEMat)
presidente del comité de expertos de la iniciativa Acción
Matemática contra el Coronavirus,
que ten o obxectivo de axudar ao Goberno a atopar solucións ante a
crise, aportando conclusións e recomendacións dende o ámbito das
matemáticas.
· Creación
dunha páxina web para
facer monitoraxe
a evolución da COVID-19 en España
O
investigador
Carlos Fernández Lozano puxo en marcha unha páxina web que permite
visualizar la evolución da COVID-19 en España. Pódense
consultar os datos relativos ao número de casos confirmados
afectados, pacientes recuperados e falecementos, diferenciados por
comunidades autónomas e rangos de idade. Ademais, grazas ao apoio da
Acción
Matemática contra el Coronavirus,
que lanzou un chamamento á comunidade científica para participar no
proxecto, a páxina web inclúe tamén predicións de evolución,
grazas á participación de máis de 50 profesionais da Estatística,
Matemática e Ciencia de Datos de diferentes universidades españolas.
· Área
de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Un
grupo de investigadores desta área, dirixidos por Marcos Ortega,
están traballando en tres iniciativas baseadas en novos
desenvolvementos e en adaptación de resultados previos.
Ferramenta
de recollida de datos clínicos de pacientes para estudos asociados
a riscos patolóxicos
Ferramenta
automática para a mellora da eficacia dos tests RT-PCR
Ferramenta
de triaxe e estratificación asistencial con base en imaxe
radiolóxica
Outro
grupo liderado polo investigador Alejandro Pazos atópase traballando
en dúas iniciativas para o diagnóstico e o tratamento da COVID-19.
· Área
de Ciencia e Enxeñaría de Datos
Por
unha parte, un grupo de traballo transversal formado por diferentes
áreas de investigación do centro, coordinados polo director do
CITIC Manuel F. González Penedo e o investigador Ricardo Cao,
presentaron ao Instituto de Saúde Carlos III a proposta Ciencia
e enxeñaría de datos para a avaliación, predición poboacional e
personalizada da evolución da enfermidade COVID-19,
que ten como obxectivo aportar coñecemento a curto prazo sobre a
evolución da enfermidade e achegar
solucións para un mellor manexo da mesma.
Por
outra parte, un grupo dirixido por Susana Ladra e José Paramá está
desenvolvendo un proxecto de investigación para a caracterización
de cuasiespecies virais do SARS-CoV-2.
· Iniciativas
solidarias
De
forma complementaria, integrantes do CITIC están levando a cabo
iniciativas para a colaboración con sectores claves nesta crise e
con colectivos sociais que se están vendo prexudicados. Así, a
investigadora Thais Pousada está ofrecendo teleformación en
colaboración con entidades sen ánimo de lucro, ademais de utilizar
a súa impresora 3D para realizar viseiras de pantallas de protección
individual, aliñada coa iniciativa Coronavirus Makers Galicia. O
responsábel
da área de sistemas, Alejandro Mosteiro, tamén está utilizando a
impresora 3D do centro con este obxectivo.