O CITIC recibe a visita de alumnado do IES Eusebio da Guarda

venres, 28 de xaneiro do 2022 S. P.

Este mércores 26 de xaneiro o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) recibiu a visita de 12 estudantes de bacharelato STEMBach do IES Eusebio da Guarda da Coruña, xunto con 5 profesores e profesoras.
A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira.
Posteriormente, as mozas e mozos do dito centro coruñés realizaron unha visita guiada polas instalacións do centro, centrada especialmente no CPD (Centro de Proceso de Datos), da man do responsábel da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro.
Para rematar, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica, a xeolocalización, a Realidade Virtual e a Realidade Aumentada, grazas ao investigador Adrián Xuíz.

Estudantes do IES Eusebio da Guada no exterior das instalacións do CITIC

PUBLICIDADE