O CNTG convoca novos cursos tecnolóxicos a celebrar este mes de marzo
xoves, 1 de marzo do 2012
O Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia vén de lembrar que a partir do
vindeiro dÃa 5 deste mes vai dar comezo o curso de Detección de intrusos en profundidade, un ciclo formativo dirixido
a profesionais do eido da seguridade en liña co que axudarlles a detectar
intrusos en infraestruturas informáticas, asà como dar a coñecer diversas e
potentes ferramentas na área da seguridade como sistemas IDS (en particular Snort), IPS, firewalls de aplicacións web...
O curso, de 40 horas de duración, está deseñado para preparar ás persoas
asistentes na comprensión e interpretación das debilidades tÃpicas das
distintas plataformas e o seu impacto nas organizacións, permitÃndolles coñecer
a trazabilidade dos ataques, monitorizar activamente os ricos de seguridade nas
redes corporativas ou despregar solucións axeitadas para protexerse destes
ataques dando resposta a posibles incidentes, entre outras cousas.
O ciclo vai dirixido tanto a profesionais da seguridade informática como a
administradores e enxeñeiros de redes e sistemas de información, que deberán
posuÃr coñecementos avanzados de Linux, networking
e dalgunha linguaxe de scripting
(Bash, Perl ou Python). Asemade, e malia que non é obrigatorio, é recomendable
que as persoas asistentes teñan algunha titulación relacionada coas novas
tecnoloxÃas e a informática.
O perÃodo de docencia vai do 5 ao 16 de marzo, de luns a venres en horario
de 16:30 a 20:30 horas, e expedirase un diploma de asistencia que certificará
os coñecementos nesta materia.
Por outra banda, dende esta entidade dependente da ConsellarÃa de Traballo
e Benestar tamén avisan de que segue aberto o prazo para os cursos de Administración de Google Apps Business e
de Despregue de IPv6 en redes
corporativas, dirixidos a profesionais e responsables tecnolóxicos das
empresas; e tamén que o vindeiro 19 de marzo remata o prazo de inscrición para
o curso de Desenvolvemento de aplicacións
Java para dispositivos móbiles, de 60 horas de duración.
Este curso proporciona experiencia práctica para desenvolver aplicacións de
telefonÃa móbil utilizando a plataforma Java sobre Android e desenvolverase do
10 ao 27 de abril, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 no Centro de
Novas TecnoloxÃas, en Santiago de Compostela.
