O COAG Lugo acolle este venres o directo dun episodio do podcast BIMrras
xoves, 6 de xuño do 2024
A delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia recibe este venres 7 de xuño o podcast BiMrras para unha gravación en directo dun dos seus episodios. A cita será ás 17:00 horas na sede colexial (rúa Puro Cora, 1, soto 1). BIMrras é un programa en liña quincenal no que tres arquitectos galegos (Rogelio Carballo, Evelio E. Sánchez e Rafael Tenorio Aranguren), os BIMtrastornados, discuten sobre todo o relacionado co mundo do Building Information Modeling, a transformación dixital e a tecnoloxÃa aplicada ao sector da construción desde 2018).
Trátase de tres apaixonados da tecnoloxÃa con máis de 20 anos de experiencia profesional ás súas costas. Ao longo dos anos, os seus perfÃs profesionais fóronse especializando en sectores complementarios: Rogelio na intervención no patrimonio histórico, Evelio na aplicación de tecnoloxÃas da información á análise e xestión, e Rafael na planificación e xestión de obras de infraestrutura.
Desta volta contarán no seu podcast cun invitado especial Antonio Tort, un arquitecto lucense pioneiro na metodologÃa BIM (Building Information Modeling) en España. Tras graduarse en arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitetura da Coruña a finais de 1990, comezou a traballar con AutoCAD e fundou un Autodesk Training Center en 1992. En 1995, tivo o seu primeiro contacto con ArchiCAD en Helsinki e desde entón estivo vinculado ao mundo BIM desde diferentes perspectivas. En 2014, creou un dos primeiros máster de xestión BIM e actualmente dirixe o seu estudio de arquitectura en Lugo.
A actividade estará aberta ao público e pensada para interactuar entre os compoñentes do podcast, o invitado e o propio público.