O CPEIG entrega este sábado os diplomas de premios dos seus certames
venres, 14 de marzo do 2025
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional celebrarán mañá sábado, 15 de marzo, un acto de entrega de diplomas dos premios de diversas actividades: a Olimpíada Informática Galega de 2023, 2024 e 2025; o Concurso de programación universitaria Ada Byron de 2022, 2023 e 2024; e o Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos de 2023, 2024 e 2025.
O evento, que contará aproximadamente cun centenar de asistentes, celebrarase ás 11:00 horas no Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura.
Palmarés OIG 2025
Os gañadores do certame 2025 foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Artai Isasi Vázquez, estudante do IES de Sar de Santiago.
Os premios foron os seguintes:
-1º clasificado: David Lago Alonso. IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.
-2º clasificado: Artai Asasi Vázquez. IES de Sar de Santiago. 300 euros e asistencia á XXIX Olimpíada Informática Española.
-3º clasificado: Hugo Domínguez Conde (de Vedra). CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 250 euros.
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta. IES Perdouro de Burela. 200 euros.
-5º clasificado: Nicolás Freiría Casal. IES Ribeira do Louro do Porriño. 200 euros.
-Mellor rapaza clasificada: Rocío Pérez-Muñuzuri Fernández. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
-Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
Os dous primeiros clasificados na OIG 2025 acceden de xeito directo á fase nacional da XXIX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) da UDC, primeira vez que a olimpíada española se celebra en Galicia, evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. De aí, os gañadores poderán acceder á 37ª Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).
A OIG 2025 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas.
Palmarés OIG 2024
-1º Clasificado: Pedro Rey.
-2º Clasificado: Hugo Domínguez Conde.
-3º Clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez.
-4º Clasificado: Hugo Gorgojo Basanta.
-5º Clasificados: Miguel Pérez Barreiro e Isabel Villar García.
Mellor rapaza clasificada: Isabel Villar García.
-Mellor estudante da ESO: Miguel Pérez Barreiro.
Palmarés OIG 2023
-1º Clasificado: Óscar Carballo Puebla.
-2º Clasificado: Pedro Rey Anca.
-3º Clasificado: Isabel Villar García.
-4º-6º Clasificados: Juan Pablo Pardo Pérez, Mario Prada Rodríguez e Hugo Domínguez Conde.
-Mellor programadora feminina: Isabel Villar García.
-Mellor participante da ESO: Mario Prada Rodríguez.
Concurso AdaByron
AdaByron 2022
-Ganador Categoría A: Conc.
-Ganador Categoría B: Rust Evangelists.
-Ganador Categoría C e global: MeuGang.
-Ganador UDC: The High Elders.
-Ganador USC: MeuGang.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: MeuGang, The High Elders, Base(d)Code, we use arch btw, Rust Evangelists.
AdaByron 2023
-Ganador Categoría A: Binary Bandits.
-Ganador Categoría B: SegvFault.
-Ganador Categoría C e global: The High Elders.
-Ganador UDC: The High Elders.
-Ganador USC: Costa Compás.
-Ganador UVigo: O enxebre do bit.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: The High Elders, Costa Compás, we use arch btw, Binary Bandits, SegvFault.
AdaByron 2024
-Ganador Categoría A: Ácido clorhídrico.
-Ganador Categoría B: Los Bandidos Binarios.
-Ganador Categoría C e global: nome do equipo (nome do equipo).
-Ganador UDC: Los Bandidos Binarios.
-Ganador USC: nome do equipo (nome do equipo).
-Ganador UVigo: ); CREATE TABLE Joke(ID INT); —.
Equipos representantes de Galicia na fase nacional: nome do equipo (nome do equipo), AbuelosDG, Los Bandidos Binarios, Ben sabe Dios que o intentamos, Ácido clorhídrico, ); CREATE TABLE Joke(ID INT); —.
Concurso Literario de Protección de Datos
2024
Categoría Primaria: Lara Da Pena Fidalgo (ROJO.pdf).
Categoría ESO: Antón Álvarez Rodríguez Infame (Infame.pdf).
Recoñecemento especial: CEIP Virxe da Pena da Sela.
2023
3º-4º ESO: Álvaro López Mosquera (Lopimosq.pdf).
5º-6º Primaria: Lucía Rodríguez Pérez (LURO.pdf).