O CPEIG inaugura este martes 12 o curso superior de Administración Electrónica na EGAP
luns, 11 de setembro do 2023
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
inaugura este martes 12 de setembro unha nova edición do Curso
Superior de Administración Electrónica 2023, organizado en
colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia (AMTEGA). O acto inaugural será ás 11:00 horas no salón de
actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago
de Compostela.
- Miguel Ángel Amutio, colexiado de honra do CPEIG
Estará
presidido pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o
presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A continuación, celebrarase
un relatorio maxistral, titulado Presente e futuro da
Administración electrónica, que será impartido
polo colexiado de honra do CPEIG, Miguel Ángel Amutio.
Esta
actividade ten como finalidade afondar, desde unha perspectiva
técnico- xurídica e cunha importante parte práctica, “na
concepción da Administración Electrónica, incidindo na relevancia
que ten a súa implantación nas distintas administracións galegas”,
explican dende a organización da actividade formativa.
- Fernando Suárez, presidente do CPEIG
A
dirección académica está a cargo do presidente do CPEIG, Fernando
Suárez. Así, os contidos do programa analizarán desde distintos
enfoques a administración dixital para que o alumnado adquira ou
perfeccione os seus coñecementos teóricos e prácticos en
informática e en dereito.
Este
curso superior desenvolverase do 12 de setembro ao 24 de outubro. Cun
total de 114 horas lectivas, impartirase na modalidade
semipresencial, con 30 horas de prácticas presenciais en Santiago de
Compostela os días 12, 19 e 26 de setembro e o 3 e 10 de outubro na
EGAP, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e 84
horas de teleformación.