O ChatGPT prepárase para funcionar como buscador

venres, 26 de xullo do 2024 Marcus Fernández

OpenAI anunciou que está a probar SearchGPT, un prototipo temporal de novas características de busca baseadas en intelixencia artificial que buscan achegar respostas rápidas de fontes relevantes e claras, estando limitadas as probas a un reducido número de usuarios antes da integración destas funcionalidades en ChatGPT.
O prototipo de SearchGPT achega respostas da web, incluíndo información en tempo real, evitando así que o usuario teña que realizar varios intentos de busca tradicionais até atopar resultados relevantes, mantendo o sistema conversacional propio de ChatGPT e mantendo o contexto, o que fai moito máis doado e natural o procedemento de busca da información que queremos.
Dende OpenAI aseguran que para que esta tecnoloxía poida funcionar teñen acordos con editores e creadores, aos que citará e ligará como fontes (que aparecerán nunha columna lateral).

SearchGPT indica as fontes dos seus resultados de busca nunha columna lateral