O CiTIUS abre a inscrición para a súa terceira xornada de portas abertas

martes, 4 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Por terceiro ano consecutivo do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) organiza un encontro Inside the Lab para amosar aos interesados os resultados do traballo desenvolvido nos seus laboratorios nos que conseguen transformar resultados científicos en tecnoloxías innovadoras con grande potencial para o sector empresarial.
Temos así que Inside the Lab é unha oportunidade para coñecer tecnoloxías que están listas para a súa transferencia á industria e á sociedade. Esta xornada de portas abertas do CiTIUS terá lugar o 14 de xullo de 10:00 a 14:00 horas, sendo preciso inscribirse en liña previamente para poder acudir.
Está prevista a realización dun total de 11 demostracións baixo os seguintes títulos:
- Segmentación de aorta mediante tracking 2D e 3D
- Minaría de textos para a detección temperá de riscos
- Detección de fibrilación auricular en ECG
- Análise de sentimentos en Twitter en tempo real
- Captación de enerxía para sensores implantables
- Axuda ao proceso de xestión de rehabilitación cardíaca
- Calendula: a túa medicación, agora máis fácil
- Explorador semántico da historia das palabras
- Identificación e caracterización de construcións con LiDAR
- Spin-off: Situm Indor Positioning
- Spin-off: Imagames

PUBLICIDADE