
A segunda asemblea, de carácter extraordinario, terá por finalidade elixir o presidente e máis os membros do Comité de Dirección, de acordo cos novos estatutos. As dúas asembleas celebraranse na sede da entidade, no Edificio FEUGA, en Santiago de Compostela, e con horas de inicio en primeira convocatoria fixadas para as catro e media e as sete da tarde.
Segundo nos recorda a plataforma, os novos estatutos do Clúster TIC Galicia foron aprobados polos socios o pasado 28 de novembro, “para facer a entidade máis aberta e participativa e para darlle unha clara orientación ás empresas”. Entre os cambios que introduciron figura o establecemento do Comité de Dirección como único órgano executivo e operativo, integrado por un mínimo de catro membros e un máximo de 17, que son elixidos en asemblea xeral. Cada grupo de empresas (grandes e pequenas) elixirá aos seus representantes, mentres que as asociacións, colexios profesionais e centros tecnolóxicos deciden previamente a que grupo presentan candidatura e por que grupo votan. Respecto á Presidencia, a única candidatura é a de de Antonio Rodríguez del Corral, presentada por R. Del Corral é o actual presidente do Clúster.
O Clúster TIC renova este xoves os seus órganos de goberno
Compartir Este Artigo
