O Coruña Estudio Inmersivo estivo presente no Festival de San Sebastián
luns, 22 de setembro do 2025
O Festival de San Sebastián serviu o pasado domingo de escenario para que a Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios presentasen ante representantes clave da industria audiovisual o Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior centro de produción virtual de España, chamado a liderar unha nova etapa das producións audiovisuais en Europa.
O acto tivo lugar no histórico hotel MarÃa Cristina da capital donostiarra, conducido pola presidenta de Pedralonga Estudios, Fernanda Tabarés. Nel interviñeron o presidente da Deputación da Coruña, ValentÃn González Formoso, e o presidente do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Alfonso Blanco, ante unha ampla representación do sector, con responsables de plataformas e televisións como Netflix, Amazon Prime Video, Movistar+, RTVE, Mediaset ou Atresmedia, ademais de produtoras nacionais e internacionais, medios de comunicación e institucións vinculadas á industria.
Durante a súa intervención, ValentÃn González Formoso destacou que o CEI «conecta dous sectores clave para o futuro de Galicia: o audiovisual e o tecnolóxico» e incidiu en que esta iniciativa reforzará a capacidade galega de atraer proxectos tanto nacionais coma internacionais. Ademais, puxo en valor o modelo de colaboración público-privada que fixo posible a posta en marcha deste espazo de última xeración.
«O CEI representa moito máis que unha aposta tecnolóxica, xa que é, sobre todo, unha gran aposta polo talento creativo de Galicia, na capacidade do seu sector audiovisual para reinventarse e buscar novas formas de contar historias que conectan co mundo», afirmou Formoso, quen se declarou «orgulloso de que unha institución bicentenaria como a Deputación da Coruña sexa capaz de liderar proxectos de vangarda a nivel estatal e dun sector audiovisual galego que se implicou a fondo para que A Coruña conte hoxe co estudo de produción virtual coa tecnoloxÃa máis avanzada de España».
O presidente provincial subliñou tamén que «Galicia, e a provincia da Coruña en particular, contan cunha industria sólida, con produtoras valentes e profesionais altamente cualificados que levan anos creando contidos de éxito que conectan coa audiencia nacional e internacional, e que o CEI permite dar un paso máis ao situar a Galicia como referente estatal e europeo en tecnoloxÃa de produción virtual».
Neste mesmo sentido, engadiu que «Coruña Estudio Inmersivo vén a sumar, a abrir novas posibilidades, a permitir que as produtoras nacionais e internacionais podan crear en Galicia sen lÃmites técnicos nin barreiras. Galicia non só será escenario natural privilexiado, como o ten sido sempre, será tamén escenario virtual, laboratorio de ideas e punto de encontro entre a creatividade e a tecnoloxÃa».
Pola súa parte, o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, salientou que a posta en marcha desta infraestrutura de vangarda terá un impacto positivo en todo o sector nacional de rodaxes e servizos de produción. «Pedralonga Estudios e CEI completan un cóctel perfecto que sitúa a Galicia como o destino de rodaxe ideal», dixo, sinalando ademais factores como os máis de trinta anos de traxectoria da industria galega, a presenza de produtoras ben posicionadas a nivel internacional, o talento técnico e artÃstico de primeiro nivel, a diversidade paisaxÃstica ou as axudas públicas que favorecen a coprodución e a atracción de rodaxes.
Tamén interveu a presidenta de Pedralonga Estudios, Fernanda Tabarés, quen explicou as vantaxes competitivas do CEI. «Conta cunha extensión total superior aos 2.000 metros cadrados nos que atopamos o plató virtual de 750 m² cunha LED wall de 28x6 metros e 1,9 pixel pitch de definición», precisou, lembrando que estes recursos técnicos sitúan o centro á vangarda da produción virtual europea. Engadiu que ao longo de 2026 incorporaranse dous novos platós de 2.500 e 2.000 m² actualmente en construción, concibidos para ofrecer un servizo integral á produción audiovisual coa súa dotación de instalacións complementarias. «O noso obxectivo compartido é ofrecer a última tecnoloxÃa ao servizo da creatividade e a industria a prezos competitivos».
