O DJI Neo 2 inclúe detección de obstáculos
venres, 31 de outubro do 2025
O ano pasado o dron DJI Neo revolucionou o mercado co seu peso lixeiro (135 gramos), tamaño compacto e prezo axustadÃsimo (199 euros), asà como a súa versatilidade de uso (tanto podÃa empregarse de xeito autónomo, como controlado por un móbil, controlado por un mando ou empregado a xeito de FPV), e agora repiten a xogada cunha nova xeración deste dispositivo, que corrixe a súa principal eiva ao incorporar tecnoloxÃa de detección de obstáculos.
O DJI Neo 2 defÃnese como «un fotógrafo voador de seguimento intelixente», que cun peso de só 151 gramos incorpora un sistema de evitación de obstáculos en todas as direccións, control por xestos, engalaxe e aterraxe na man, ademais de novas funcións de selfie e seguimento automático. Busca asà ofrecer unha experiencia de gravación e creación audiovisual accesible e divertida para todo tipo de usuarios.
Dispón de pantalla integrada que permite elixir o modo de gravación sen precisar mando a distancia. Pode despegar directamente desde a man e, grazas á nova función de aterraxe asistida por detección de palma, tamén regresa e aterra automaticamente.
O control por xestos, que admite man única ou dúas mans, permite axustar a altura, dirección e distancia do dron de maneira natural. Tamén é compatioble co control por voz e coa aplicación DJI Fly, ademais de poder empregarse con mandos RC-N3, o xoguete de voo Motion Controller 3 ou as lentes inmersivas Goggles N3.
Como dron de seguimento, o Neo 2 incorpora funcións de gravación automática e selfies intelixentes. É quen de recoñecer e seguir ao suxeito, cadrar o plano e realizar movementos de cámara fluÃdos, con modos de gravación como MasterShots, Hitchcock Zoom e QuickShot. O sensor CMOS de 1/2 polgada e 12 megapÃxeles, xunto co procesador de imaxe mellorado e o estabilizador de dous eixos, permiten gravar vÃdeo en 4K a 60 fotogramas por segundo e incluso cámara lenta en 4K a 100 fps.
O corpo do DJI Neo 2 está completamente protexido cun deseño envolvente de hélices e un sistema visual de detección en 360 graos que combina sensores de láser frontal e infravermellos inferiores. Isto garante unha navegación máis segura, incluso para principiantes. A resistencia ao vento acada os 10,7 metros por segundo e a autonomÃa máxima é de 19 minutos, contando con carga rápida por USB-C. Dispón de 49 GB de memoria interna e transferencia Wi-Fi a 80 MB/s.
O DJI Neo 2 xa está dispoñible en China, custando 1.499 iuans (182 euros) o modelo básico que inclúe o dron, unha baterÃa e proteccións de hélices. A versión Fly More Combo ascende a 1.999 iuans (242 euros), mentres que os paquetes con mando RC-N3 ou control por movemento e lentes FPV chegan ata os 3.699 iuans (448 euros). Este esquema de prezos dá a entender que o dron poderÃa chegar a Europa ao prezo que actualmente ten o DJI Neo (199 euros), consolidándose como o mellor dron do mercado neste rango de prezo.
ACTUALIZACIÓN (13-11-2025) Finalmente o DJI Neo 2 está dispoñible para o público español, aÃnda que a un prezo lixeiramente superior ao agardado, xa que o modelo básico véndese a 239 euros, mentres que o lote Vuela Más custa 399 euros.
