O Dado Dadá retransmite dende este martes os seus concertos por Internet
martes, 15 de febreiro do 2011
O club de jazz Dado Dadá, emprazado na rúa
Alfredo Brañas de Compostela, quere comezar a trintena (cumpre estes dÃas o seu
31 aniversario) cunha vida dixital propia dos novos tempos que corren. O
obxectivo desta nova andaina é ofrecerlles aos seus clientes algo novo e
contribuÃr, asemade, a introducir o jazz e o blues (feitos dende aquà ou
presentados aquÃ) no medio e medio de tódalas tendencias tecnolóxicas. Segundo fai
saber Carmen Eixo, responsable do club (e reflicten medios como La
Voz), dende esta mesma noite ponse en marcha un servizo para a retransmisión
en directo dos concertos aos que dea acubillo o Dado Dadá. E todo a través da súa web.
Polo tanto, a primeira cita será hoxe a partir
das 23.00 horas, co concerto
e jam session de Steps 3 Jazz + GDJazz.
A experiencia non é nova, e remóntase a 2004, cando dende o club compostelán se
levou a cabo unha primeira tentativa de retransmisión en liña, en directo, pero
no se retomou o tema de xeito firme ata o de agora, principalmente polos
problemas de imaxe que tiveron as primeiras experiencias. Este intre que
vivimos, conta Carmen, é máis indicado para facelo, sobre todo grazas ás
melloras inseridas nas novas tecnoloxÃas no que a calidade da imaxe e a
transmisión se refire.
O obxectivo principal desta aposta polas redes
é o de responder a unha demanda concreta: a dos centos de seareiros do jazz e
do club compostelán que están arestora fóra de Santiago e Galicia e que devecen
por ter unha oportunidade de pasar unha velada de boa música, aÃnda que sexa a
distancia.
