O EGM indica que o número de usuarios da Internet en España segue a medrar

mércores, 4 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O Estudo Xeral de Medios (EGM) publicou estes días os resultados da súa segunda vaga do ano, amosando uns interesantes resultados no tocante á audiencia da Internet, pois reflicte un incremento de usuarios de preto de medio millón entre febreiro e maio de 2007.
O número de cidadáns que consultaron a Internet nos últimos 30 días sería de 15.707.000, entres os que as webs máis visitadas serían Yahoo (con 4.351.000 visitantes no último mes), Terra (2.152.000), El País (1.876.000), Marca (1848.000) e Páginas Amarillas (1.768.000).
Dos consultados, 2 de cada 3 consulta a Rede dende o seu domicilio (o que indica un incremento da penetración da Internet nos fogares españois) e ó analizar por comunidades autónomas teriamos a Madrid liderando o Estado cun 49,9% de penetración, mentres que Galicia sería a terceira comunidade coa menor penetración das conexións á Internet co 31,6%.

PUBLICIDADE