O Everex CloudBook Max incorpora conectividade WiMAX
mércores, 2 de abril do 2008
Everex é un dos fabricantes que conta con equipos alternativos ó
Asus Eee PC, e agora parece que lle colle a dianteira á súa competencia co novo
CloudBook Max, que contará cun procesador VIA C7-M ULV, unha pantalla de 8,9
polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, Bluetooth, Wi-Fi, Ethernet,
GPS, webcam de 2 MpÃxeles, disco duro de 80 Gb, 1 Gb de RAM (ampliable a 2 Gb)
e, o máis importante, conectividade
WiMAX, polo que fai posible o acceso a redes de banda larga móbil de nova
xeración como XOHM (que está a montar Sprint nos EE.UU.) de xeito que se poderá
conectar á Internet dende calquera lugar.
O Everex
CloudBook Max mide 24,9 x 17,5 x 2,8 centÃmetros e pesa un pouco menos de 1
quilogramo, polo que aparte de conectividade tamén ten unha boa portabilidade.