O Exército Mekemeke converteuse no primeiro podcast en galego en chegar aos Premios Ondas
mércores, 10 de abril do 2024
O vídeo-podcast de Carlos Vieito Exército Mekemeke resultou ser un dos finalistas a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, sendo o primeiro programa en galego en ser nomeado a a estes prestixiosos galardóns organizados pola Cadena SER e Podimo.
O Exército Mekemeke é un contido en galego producido e presentado por Carlos Vieito, cunha duración de media hora que se publica semanalmente a través das principais plataformas de podcast e vídeo, como son Spotify e YouTube. O programa conta coa colaboración do músico, Xabier Dios; a actriz, Lidia Veiga, e o cineasta, Miguel Gómez Abad. Ademais de ter como voz en off a unha das figuras máis recoñecidas da dobraxe galega, como é Antón Rubal.
O programa grávase e forma parte da grella da radio local, Ames Radio, a través do programa aberto de radio cidadá lanzada polo Concello de Ames. Do mesmo modo, é difundido a través das redes sociais, onde, segundo lembra o equipo responsábel do vídeo-podcast, “ten unha gran acollida pola sociedade galega ao ter un ton humorístico e tratar principalmente que afectan á xabaxeración”. As plataformas nas que máis éxito teñen son Instagram, TikTok e Twitter.
Despois de 1.252 candidaturas, chegadas dende 19 países, por primeira vez un programa integramente en galego, consegue formar parte destes premios internacionais. Os mekemekes lograron formar parte dos cinco programas nomeados a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, xunto a producións de Catalunya Radio, Eitb e IB3. Finalmente o premio levouno Gent Normal de Catalunya Radio por abordar a saúde mental dende unha perspectiva natural e sensíbel.