O FBI logra acceder aos contidos do iPhone 5c dun terrorista sen a axuda de Apple

martes, 29 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O Departamento de Xustiza dos EE.UU. enterrou finalmente a machada de guerra, non porque Apple cedese á hora de desbloquear o iPhone dun dos terroristas do tiroteo de San Bernardino para facilitar un ataque de forza bruta contra o terminal, senón porque finalmente as autoridades puideron acceder aos contidos do teléfono sen a axuda da compañía de Cupertino.
A semana pasada sería cando Apple tería que responder por esta causa ante un xulgado, pero a vista suspendérase, e finalmente publicouse o informe no que detállase que as autoridades accederon con éxito aos contidos do iPhone 5c de Syed Rizwan Farook, sen anunciar o método co que conseguiron facelo, aínda que os rumores apuntan a unha consultora de seguridade que tería atopado unha vulnerabilidade en iOS que facilitaría o acceso aos contidos do teléfono sen coñecer o seu contrasinal de desbloqueo.
Ao parecer, a compañía que tería axudado ao FBI e desbloquear o iPhone 5c de Farook foi Cellebrite, unha empresa israelí cunha división especializada en software forense para servizos de intelixencia, forzas da orde e organismos militares.
Podemos considerar así que Apple librouse de loitar nesta batalla, pero a guerra entre Gobernos e compañías que aplican o cifrada nas comunicacións parece só estar nos seus inicios, e espérase que nos vindeiros meses xurdan iniciativas lexislativas en distintos países para poder aplicar medidas de vixilancia electrónica nos novos sistemas de comunicación aos que non poden aplicarse conceptos tradicionais como o pinchazo telefónico.

PUBLICIDADE