O Galaxy Buds2 Pro ofrecen son de alta fidelidade

mércores, 10 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Os novos produtos de Samsung completáronse cuns auriculares sen fíos de grande calidade, os Galaxy Buds2 Pro, que co seu prezo de 239,90 euros deixan claro que estamos ante uns trebellos de calidade, que apostan polo son de alta fidelidade, a cancelación de ruído e o deseño ergonómico.
Estes auriculares teñen un formato moi compacto e lixeiro (pesan 5,5 gramos), que conta con tecnoloxía de fluxo de vento mellorada para reducir a presión da canle auditiva e minimiza o ruído para maior comodidade e claridade.
Comunícanse mediante Bluetooth 5.3 e sorprenden ao integrar altofalantes de dúas vídas e reproducir son de alta fidelidade en 24 bits; grazas aos seus 3 micrófonos pode efectuar unha cancelación de ruído activa mellorada que inclúe Voice Detect para que cando falemos con alguén se desactive automaticamente a cancelación de ruído (e se active o modo de son de ambiente para poder manter a conversa sen quitar os auriculares); incorporan Audio 360 que incluso detecta a dirección do son segundo o movemento da cabeza, proporcionando unha experiencia espacial; a súa resistencia á auga IPX7 facilita que poidamos empregalos tanto baixo os elementos como na práctica deportiva; e teñen unha autonomía de até 5 horas coa cancelación de ruído activdade, que poden ampliarse até as 18 horas co estoxo de carga.

Vídeo promocional dos Samsung Galaxy Buds2 Pro

PUBLICIDADE