O Goberno dalle pulo á factura electrónica na contratación coa Administración Xeral do Estado

martes, 16 de outubro do 2007 Raquel Noya

Segundo publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE), os Ministerios de Industria, Turismo e Comercio e de Economía e Facenda, veñen de aprobar a Orde Ministerial sobre a expedición de facturas por medios electrónicos sempre e cando o destinatario das mesmas sexa a Administración Xeral do Estado así como sobre a presentación ante a mesma ou os seus organismos públicos vinculados ou dependentes de facturas expedidas entre particulares.
A devandita Orde Ministerial ten a finalidade de garantizar a homoxeneidade no funcionamento da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos dependentes neste ámbito e para elo ten en conta dous aspectos fundamentais.
Por unha banda, o xeito de prestación do consentimento por aqueles departamentos ministeriais ou organismos que opten por consentir a remisión electrónica das facturas de que sexan destinatarios e por outra, as condicións técnicas que han de cumplirse na remisión das facturas destinadas á Administración Pública, sendo decisión de cada entidade prestar ou non o consentimento preciso.
A autenticidade da orixe e integridade do contido das facturas electrónicas que teñan por destinatario as Administracións Públicas garantizarase mediante a esixencia da sinatura electrónica avanzada, nos termos previstos na Lei de sinatura electrónica.
Os devanditos Ministerios porán a disposición dos usuarios a páxina web www.facturae.es para asegur a convertibilidae e compatibilidade do formato establecido nesta orde. Actualmente, esta web xa inclúe os diferentes informes elaborados no marco do Plan Avanza.