O Goberno e a Xunta cubrirán con ortofotografías dixitais de alta resolución a nosa xeografía
martes, 25 de agosto do 2020
Galicia
vai ser novamente fotografada ao detalle dende aire, co máximo
detalle, co fin de avanzar no coñecemento do territorio e da súa
xestión. Así
o veñen de confirmar o Goberno (Ministerio de Transportes, MITMA) e
a Xunta, que asinarán un convenio conxunto para “coordinar accións
a prol de obter coberturas de voo fotogramétrico dixital e
ortoimaxes dixitais en cor, na Comunidade galega”. O acordo,
que foi autorizado no Consello de Ministros deste martes 25, dará
continuidade ao desenvolvemento do Plan Nacional de Ortofotografía
Aérea (PNOA) para a obtención de coberturas de voo fotogramétrico
e LiDAR (sistema específico de toma de datos para a obtención de
modelos dixitais do terreo) noso territorio.
O
citado convenio levarase a cabo entre o Centro Nacional de
Información Geográfica (CNIG), adscrito ao Ministerio de
Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través do Instituto
Geográfico Nacional (IGN), e o Instituto de Estudos do Territorio,
organismo autónomo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda, da Xunta de Galicia.
O
seu prazo de duración estenderase ata o 31 de decembro de 2021, con
posibilidade de prórrogas ata catro anos máis, e suporá a
desenvolvemento de traballos por un total estimado de 1.141.929,28 de
euros, dos que o CNIG achegará traballos por un valor de 941.404,08
euros.
O
PNOA
O
Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) é un proxecto do
Consello Superior Xeográfico coordinado polo IGN (que forma parte do
Plan Nacional de Observación do Territorio), destinado a constituír
e actualizar periodicamente a cobertura de España con
ortofotografías aéreas (imaxes dixitais con propiedades métricas)
de alta resolución e cun modelo dixital do terreo de alta precisión
e resolución, de forma conxunta e coordinada pola Administración
General del Estado (AGE) e as Administracións autonómicas, para, en
palabras do Goberno central, “múltiples propósitos”.
Como
resultado deste convenio obterase unha cobertura de fotografías
aéreas con resolución mellorada a un tamaño medio de pixel de 18cm
e xeraranse ortofotografías aéreas de 15 cm/pixel de resolución.
