O Grupo MásMóvil prepárase para un cambio de mans

luns, 1 de xuño do 2020 Marcus Fernández

O Grupo MásMóvil, que engloba actualmente marcas como Yoigo, MásMóvil, Pepephone, Llamaya, Lebara e Hits Mobile, está a protagonizar un novo capítulo no sempre revolto mercado das telecomunicacións español, xa que os grupos de investimento KKR e Cinven estarían a prepara unha Oferta Pública de Adquisición amigable a un prezos duns 23-26 euros por acción, o que supón a valoración da empresa en máis de 3.000 millóns de euros.
Esta operación estaría dirixida aos investidores minoritarios da compañía, que actualmente conta con preto do 60% do capital do cuarto operador de telecomunicacións de España, que actualmente cotiza as súas participacións a 18,6 euros, polo que a OPA suporía unha prima de máis do 25%.
Polo momento non se espera que o cambio de mans do operador supoña ningún cambio radical nas empresas do grupo, pero amosaría o interese existente en participar nun sector moi competitivo, que co lanzamento da marca Virgin Telco promete ter un maior dinamismo nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE