O Grupo MásMóvil pretende adquirir Euskaltel, compañÃa propietaria de R
luns, 29 de marzo do 2021
- Meinrad Spenger é o fundador e conselleiro delegado de MásMóvil
O Grupo MásMóvil, cuarto operador de telecomunicacións en
España, vén
de anunciar unha Oferta Pública voluntaria de Adquisición de accións (OPA)
sobre a totalidade das accións representativas do capital social de Euskaltel,
o que suporÃa que o grupo que ten actualmente as marcas Yoigo, MásMóvil,
Pepephone, Llamaya, Lebara, Lycamobile e Hits Mobile contarÃa tamén con Virgin
telco, Euskaltel, Telecable e R, consolidando a súa posición no mercado de
telecomunicacións español e poñendo fin á aventura independente das operadores
de cable autonómicas que no seu dÃa xogaron un importante rol no espallamento
da banda larga e contribuÃron á competitividade do sector.
A OPA realÃzase a través da entidade Kaixo Telecom, participada integramente
por MásMóvil Ibercom, que a través de outras empresas remata estar baixo o
control de Lorca Aggregator Limited, sociedade constituÃda en Jersey, de xeito
que estariamos ante un operador semellante a Vodafone e Orange (que proveñen de
capitais en Reino Unido e Francia).
- O Grupo Euskaltel conta actualmente coas marcas Euskaltel, R e Telecable en Euskadi, Galicia e Asturias, e Virgin telco para o resto do territorio español
Até o momento, Zegona Communications, Kutxabank e Alba Europe, titulares do
52,32% do capital de Euskaltel, comprometéronse a aceptar a oferta de
adquisición de MásMóvil, aÃnda que para que poida concretarse a operación será
preciso que acepten a oferta máis do 75% dos titulares dos valores da
sociedade, asà como a pertinente autorización da Comisión Nacional dos Mercados
e a Competencia (CNMC), para o que tamén son precisas autorizacións do Consello
de Ministros e da SecretarÃa de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas
Dixital do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
O capital social de Euskaltel é actualmente de 535.936.080 euros repartidos en
178.645.360 accións de 3 euros de valor nominal cada unha, para as que realizarán
unha oferta de 11,17 euros en efectivo por acción (un 25,1% máis do prezo medio
das accións de Euskaltel no último mes), de xeito que o importe máximo que desembolsar
serÃa de 1.995.468.671,2 euros.
- MásMóvil pretende manter a sede galega de R tras a adquisición de Euskaltel
Con esta oferta MásMóvil comprométese a manter Euskaltel como unha sociedade separada, con domicilio social e fiscal en Euskadi, durante un perÃodo mÃnimo de 5 anos. Tamén se comprometen a non realizar un ERE durante ao menos 5 anos, priorizar o despregamento da súa rede 5G en Euskadi e promover actuación para facilitar o acceso á banda larga a través de FTTH. Curiosamente a documentación na que se anuncia a OPA só menciona o territorio éuscaro, pero a nota de prensa na que dan conta desta oferta tamén aseguran que o Grupo MásMóvil respectará o compromiso de Telecable e R con Asturias e Galicia respectivamente, ou sexa, que o operador R experimentarÃa esta operación dun xeito semellante a cando foi adquirido por outras compañÃas no pasado, mantendo a súa sede e as súas operacións locais.