O HTC S710 é o primeiro smartphone en catalán

xoves, 29 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Para conmemorar o 15º aniversario de Microsoft en Cataluña o fabricante taiwanés HTC anunciou o primeiro teléfono intelixente con Windows Mobile en catalán. O HTC S710 funciona co sistema operativo Windows Mobile 6 e se comercializa por Orange nesta edición especial que agardan que sexa moi ben recibida en Cataluña.
O HTC S710 é un smartphone baseado en Windows que soporta as últimas tecnoloxías coma correo push, conta con conectividade Wi-Fi e Bluetooth 2.0, ten unha pantalla TFT QVGA de 2,4 polgadas, cámara de 2 Mpíxeles e un teclado deslizable completo.
Actualmente xa existe toda unha gama de terminais de telefonía móbil adaptados ó catalán, e o novo móbil de HTC abre ás portas a un Windows Mobile en catalán, seguindo os pasos doutras versións dos sistemas operativos de Microsoft que agardemos que tamén teñan unha réplica semellante co galego.

PUBLICIDADE