O IGAPE, a EOI e a Tecnópole dan o pulo definitivo ao seu centro de coworking
luns, 10 de xaneiro do 2022
A
Tecnópole
de Ourense (Parque Tecnolóxico de Galicia) compartiu detalles do
espazo de traballo innovador e colaborativo que vén de impulsar
xunto co IGAPE e a Escola de Organización Industrial (EOI), un
centro de coworking que “nace como un novo espazo para a
actividade económica e profesional, destinado a impulsar ideas de
negocio viábeis”. Segundo fixo saber a Tecnópole, a convocatoria
está aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá
de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de
seis meses antes da súa incorporación ao espazo de coworking).
O
centro IGAPE-EOI-Tecnópole
abéirase ao programa Espacio Coworking a escala nacional da Esola de
Organización Industrial e está co-financiado polo Fondo Social
Europeo.
A
Tecnópole engade que en Galicia son 11 os espazos que integran este
programa, tres deles en Ourense: O Carballiño, A Rúa e o de
Tecnópole.
No
transcurso do programa desenvolveranse unha serie de actividades,
como por exemplo obradoiros (nos que axudar a emprendedores a validar
o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a
desenvolver as habilidades imprescindíbeis para polo en marcha) ou
sesións de asesoramento (mentoring) por parte de expertos
(centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo
de negocio á posta en marcha e optimización do proxecto, dando
resposta ás necesidades que xurdan no camiño). Amais, haberá
xornadas de formación grupal nas que traballar materias específicas
para o impulso e despegue o dos proxectos do espazo coworking.
Como
peche da edición celebrarase un Demo Day, durante o cal
presentaranse os proxectos participantes, a súa evolución e as
posibilidades de colaboración cos mesmos.
A
matrícula neste programa, que se desenvolverá entre os meses de
febreiro a xuño deste ano, é gratuíta. Pódese
solicitar praza na web da EOI.