O LG Colorholic venderase en 14 cores distintas

martes, 7 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os dispositivos electrónicos teñen dende hai tempo un lugar destinado no mundo da moda, dándoselle moita importancia á súa aparencia externa, o que inflúe poderosamente na compra de reprodutores multimedia e teléfonos móbiles, polo que non é de sorprender que LG, tralo éxito do seu Chocolate, estree en Corea do Sur o seu terminal Colorholic que se vende nun total de 14 cores diferentes, polo que serán toda unha marca de estilo para os seus usuarios.
Os LG Colorholic é un móbil con teclado deslizante que tamén inclúe capacidade de reprodución multimedia e unha función de text-to-speech, ou sexa, que le as mensaxes recibidas a viva voz. Venderase en Corea a 400.000 wons (uns 250 euros) e poderiamos apostar dado o éxito dos trebellos de cores chegará pronto a Europa.

PUBLICIDADE