O LG Velvet inicia a súa comercialización internacional

luns, 15 de xuño do 2020 Marcus Fernández

LG está a tomar con moita calma o lanzamento internacional do seu novo móbil insignia, o LG Velvet, que a primeiros de maio púxose á venda en Corea do Sur a un prezo que ao cambio aproxímase aos 658 euros, e por fin anuncia que nas vindeiras semanas chegará a Alemaña, Italia, Hungría, Polonia e España, ou sexa, que confíase en que chegue ás tendas este mesmo mes.
Este novo smartphone presenta unha pantalla P-OLED de 6,8 polgadas e formato case cinematográfico (20,5:9), que integra unha cámara frontal (de 16 Mpíxeles) nunha pequena pestana superior (tipo pinga), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 765G, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 2 TB), cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, Wi-Fi 5, Bluetooth 5.1, NFC e batería de 4.300 mAh. Como accesorio conta cunha pantalla secundaria co mesmo tamaño e prestacións que a tamaña principal do dispositivo, que busca achegar unha experiencia de dobre pantalla que pode entenderse como un xeito de achegar a experiencia dun móbil encartable a un prezo contido. A pantalla secundaria é compatible con certos stylus compatibles, conseguindo así unha experiencia de uso moi completa.
Estamos ante un smartphone que dificilmente entenderemos como de gama alta, o que dificultará claramente a súa comercializacion.

JPEG - 104.8 KB
O LG Velvet permite usar un stylus na súa pantalla secundaria

PUBLICIDADE