O LG Viewty Smart combinará cámara de 8 Mpíxeles e reprodución de DivX

xoves, 16 de abril do 2009 Marcus Fernández

Durante varias horas, un blog alemán de LG filtrou información e imaxes do que será o móbil LG GC900 que ata o momento coñeciamos coma Viewty II e que finalmente podería responder ao nome de Viewty Smart.
Estariamos ante un móbil 3G (con soporte de ata HSDPA a 7,2 Mbps) cunha pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 720 x 480 píxeles e xeolocalizar fotografías (conta con receptor A-GPS). Tamén contará con Wi-Fi, Bluetooth estéreo, reprodución de vídeo (MPEG-4, WMV, AVI, DivX, Xvid e H.264), música (MP3, AAC, AAC+, eAAC+ e WMA) e radio FM. Como almacenamento emprega tarxetas microSD/microSDHC. Pese a todas estas elevadas prestacións, o terminal logra conter o seu grosor en só 12,4 milímetros e o seu peso en 90 gramos.

O terminal fará uso da interface de usuario 3D S-Class, e a súa cámara rexistrará tanto fotografías a 8 Mpíxeles coma vídeo a 720 x 480

PUBLICIDADE