O Lluon A1 preséntase coma un ordenador moi difÃcil de clasificar
venres, 22 de agosto do 2008O fabricante surcoreano Celrun vai comercializar no
mes de setembro tanto en Corea coma en Europa e EE.UU. un novo equipo que
parece unha mestura entre un portátil, o vello iMac G4 con forma de lámpada,
ou un Eee PC de escritorio, pois o Lluon
A1 é un equipo todo-en-un que funciona cun procesador Intel Atom, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, arranque
dual (que permite elixir entre Windows para operar funcións tÃpicas dun PC e Linux
para funcións de IPTV), gravadora de DVD, unha pantalla LCD de 18,4 polgadas (cunha resolución de 1.680 x 954 pÃxeles), altofalantes
integrados e rato e teclado sen fÃos.
Parece bastante complicado ubicar a este novo equipo, pois estarÃa orientado ao
consumo de televisión por IP, asà como para operar coma un ordenador básico
que, en vez de apostar pola alta portabilidade, quere facerse un oco no
escritorio.