O Mi 9 Lite terá pantalla AMOLED e NFC

luns, 16 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O vindeiro venres chega ao mercado español un novo smartphone de Xiaomi moi atractivo, polo seu grande equilibrio entre prestacións e prezo axustado, o Mi 9 Lite, que leva por bandeira unha cámara traseira tripla de 48 Mpíxeles e unha cámara frontal de 32 Mpíxeles agochada nunha pequena pestana superior a súa pantalla AMOLED Full HD+ de 6,39 polgadas, así como lector de pegadas dixitais en pantalla, procesador Qualcomm Snapdragon 710, batería de 4.030 mAh con carga rápida a 18 watts e incluso NFC multifunción (para poder realizar pagamentos co móbil), que venderase a 319 euros con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e a 349 euros con 128 GB de almacenamento.
Este smartphone pode presumir dunha autonomía próxima aos 2 días de uso normal, cámara traseira que tira proveito da intelixencia artificial para conseguir instantáneas de calidade, boas fotografías nocturnas a man alzada, selfies de alta definición con detalles vívidos, filtros de ceo preinstalados no álbum de fotos, infravermellos para poder empregar o móbil como mando a distancia do televisor e toma de auriculares. Un móbil moi completo, que sen chegar a ser de gama alta, ofrece unhas prestacións moi semellantes.

O Mi 9 Lite incluirá NFC compatible con Google Pay

PUBLICIDADE