O Moto E6 Plus chega a España

venres, 4 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Os smartphones do que poderiamos considerar gama de entrada son cada vez máis completos, e como boa mostra dixo temos o novo Moto E6 Plus, que chega hoxe ás tendas españolas e que pese ao seu prezo axustado presenta unha pantalla HD+ de 6,1 polgadas, cámara traseira dual de 13 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles, desbloqueo con pegada dixital e recoñecemento facial, lector de tarxetas microSD (de até 512 GB), radio FM, conector para auriculares, batería de 3.000 mAh e dobre SIM.
Ese móbil que funciona cun procesador MedaiTek Helio P22 de 8 núcleos pode adquirirse con 2 GB de RAM e 32 GB de almacenamento por 139 euros e con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento por 159 euros. Un produto interesante para os que queren facerse cun móbil por canles de compra tradicionais, a prezos atractivos e con garantías de actualización do seu software.

Vídeo promocional do Moto E6 Plus

PUBLICIDADE