O Moto Edge 70 Pro contará con tres cámaras de 50 MpÃxeles
mércores, 22 de abril do 2026
Motorola ampliou a súa oferta de gama media alta na India co lanzamento do Moto Edge 70 Pro, un smartphone que aposta por equilibrar rendemento, autonomÃa e capacidades fotográficas cun deseño coidado que integra unha pantalla pOLED de 6,8 polgadas con resolución 1.5K (2772 x 1272 pÃxeles) e taxa de refresco de ata 144 Hz. O panel admite HDR10+, profundidade de cor de 10 bits e certificación Pantone para a fidelidade cromática, ademais de acadar un brillo máximo de 5.200 nits e unha taxa de mostraxe táctil de ata 360 Hz.
No interior incorpora o procesador MediaTek Dimensity 8500 Extreme, acompañado de ata 12 GB de memoria RAM LPDDR5X e almacenamento UFS 4.1 de 256 GB. Funciona con Android 16 e contará con tres anos de actualizacións do sistema operativo e cinco anos de parches de seguridade.
A autonomÃa descansa nunha baterÃa de 6.500 mAh con tecnoloxÃa de silicio-carbono, compatible con carga rápida de 90 watts e carga inversa por cable de 5 watts. Ofrece ata 29 horas de reprodución continua de vÃdeo ou 26 horas de xogos.
O apartado fotográfico está composto por unha cámara principal de 50 megapÃxeles con sensor Sony LYTIA 710 e estabilización óptica (OIS), acompañada dun ultra gran angular tamén de 50 megapÃxeles con función macro e campo de visión de 122 graos. Na parte frontal inclúe outra cámara de 50 megapÃxeles con autofoco e gravación de vÃdeo en 4K HDR10+. O sistema complétase con múltiples funcións baseadas en intelixencia artificial e ferramentas de edición integradas.
Inclúe altofalantes estéreo con Dolby Atmos, certificacións IP68 e IP69 para resistencia á auga e ao po, asà como cumprimento do estándar militar MIL-STD-810H. En conectividade ofrece 5G, Wi-Fi 6E, Bluetooth 5.4 e NFC.
O Moto Edge 70 Pro comercialÃzase en acabados inspirados en Pantone, como Lily White, Tea e Titan. O prezo sitúase en 38.999 rupias (354 euros) para a versión con 8 GB de RAM e en 41.999 rupias (382 euros) para a variante con 12 GB. A súa dispoñibilidade arrinca o 29 de abril a través de canles en liña e tendas fÃsicas na India. ConfÃase en que este smartphone chegue pronto a Europa, aÃnda que a prezos considerablemente superiores, xa que o Moto Edge 60 Pro chegou no seu dÃa a 599 euros (aÃnda que o seu prezo oficial actual é de 469 euros).
ACTUALIZACIÓN (29-4-2026): Finalmente confÃrmase o lanzamento do Motorola Edge 70 Pro a un prezo de 599 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, e de 799 euros con 12 GB de RAM e 512 GB de capacidade.
VÃdeo promocional do Moto Edge 70 Pro
