O Motorola P30 copia descaradamente o deseño do iPhone X
venres, 17 de agosto do 2018
Por se non quedaba claro que a marca de smartphones Motorola
pertencÃa á chinesa Lenovo, presentan agora un novo teléfono que que amosa o
peor da esencia chinesa da empresa, o Motorola P30,
que é un dos terminais que máis descaradamente copia ao iPhone X de Apple, do
que apenas muda esteticamente nun par de detalles: o isotipo na súa parte
traseira (no lector de pegadas dixitais) e o logotipo na parte inferior da frontal.
Estamos ante un smartphone moi na liña dos que saÃron nos últimos meses, cunha
pantalla IPS de 6,2 polgadas Full HD+ (con relación de aspecto 19:9 por incluÃr
unha pronunciada pestana superior), procesador Qualcomm Snapdragon 636, 6 GB de
RAM, 64/128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 256
GB), cámara traseira dual de 16 + 5 MpÃxeles con aperturas f/1.8 e f/2.2,
cámara traseira de 12 MpÃxeles con apertura f/2.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0,
baterÃa de 3.000 mAh con carga rápida por USB-C, un grosor de 7,69 milÃmetros e
un peso de 170 gramos.
O Motorola P30 chegará ao mercado chinés o 15 de setembro a un prezo de 2.099
iuans (268 euros) no seu modelo con 64 GB de almacenamento e de 2.499 iuans (319
euros) na versión con 128 GB.