O Mundial de Fútbol bate records de streaming nos EE.UU.
xoves, 26 de xuño do 2014
AÃnda que EE.UU. non é un paÃs
onde o fútbol europeo teña a entidade do béisbol ou o fútbol americano, o
actualmente Mundial de Fútbol parece estar a facer historia na Rede, amosando o
cambio de tendencias no consumo audiovisual, pois o encontro entre EE.UU. e
Alemaña, tras experimentar algúns problemas na súa retransmisión durante a
primeira parte, conseguiu
superar os 1,7 millóns de usuarios simultáneos a través do servizo de streaming de ESPN (só dispoñible
para usuarios de pagamento), superando amplamente os 1,1 millóns de usuarios
simultáneos do encontro entre os Broncos e os Seahawks na Super Bowl.
Cómpre destacar que á marca acadada polo Mundial de Fútbol pode xustificarse
especialmente por 2 factores: o horario (pola tarde, en lugar de pola noite,
unha hora á que é habitual estar afastado dun televisor) e a oferta do streaming para dispositivos móbiles (non
dispoñible no caso da Super Bowl).
Dende Univision tamén están a transmitir o Mundial, e aseguran estar a rachar
marcas constantemente, xa que hai 10 dÃas conseguiran chegar aos 630.000
espectadores simultáneos por streaming
durante o partido Brasil-México, e co encontro EE.UU.-Alemaña chegaron aos
750.000, polo que poderiamos sumar esta cantidade á de ESPN e teriamos que nos
EE.UU. o seguimento por streaming do
partido de fútbol foi duns 2,45 millóns de espectadores, o que é un volume
impresionante, aÃnda que lonxe dos máis de 8 millóns de
usuarios que seguiron á vez o salto de Felix Baumgartner.