O Nokia 6301 funciona coma móbil e fixo de xeito transparente ó usuario

xoves, 20 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Nokia presentou un novo terminal de telefonía móbil, o 6301, que destaca por estar dentro da categoría de dispositivos UMA (Unlicensed Mobile Access), ou sexa, que é un móbil que cando atopa unha conexión Wi-Fi (ou Bluetooth) emprega tal tecnoloxía para comunicarse por VoIP, funcionando coma un teléfono tradicional cando está fóra da cobertura da rede informática sen fíos.
O Nokia 6301 inclúe unha cámara de 2 Mpíxeles (con zoom dixital de 8x), pantalla de 2 polgadas, 30 Mb de memoria interna, fenda par tarxetas microSD (de ata 4 Gb), é tribanda, ten un grosor de só 13,1 mm e un peso de 93 gramos. Tamén reproduce MP3, integra mans libres, leva radio FM e permite funcionar como gravadora.
A operadora que comezará a comercializar este novo terminal será Orange dentro da súa oferta Unik/Unique, durante o último trimestre do ano, e o seu prezo será de 230 euros (ó que se poderían restar a subvencións pertinentes da compañía).

PUBLICIDADE