O Nokia C5-03 presenta características de smartphone a un prezo reducido

xoves, 14 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Conscientes da dificultade de recuperar postos entre os terminais de gama alta, Nokia continúa a reforzar o seu catálogo dentro dos segmentos máis económicos, presentando hoxe un terminal con bastante potencial, o Nokia C5-03, que cunha pantalla táctil resistiva de 3,2 polgadas, Wi-Fi, compás dixital, GPS, acceso de balde a Ovi Mapas e plataformas de redes sociais buscará facerse un espazo no mercado grazas ao seu prezo contido (170 euros libre).
O terminal mide 105,8 x 51,0 x 13,8 milímetros, pesa 93 gramos, ten 40 Mbytes de memoria de usuario ampliable mediante tarxetas microSD de ata 16 Gb, cámara de 5 Mpíxeles (sen flash), sistema operativo Symbian^1, sintonizador de radio FM, aguanta ata 11,5 horas en conversa e ata 25 días en espera e poderemos velo nas tendas antes de rematar o ano.


Vídeo de presentación do Nokia C5-03

PUBLICIDADE