O Nokia Lumia 620 pode protexerse da auga e o po cunha nova funda
martes, 12 de marzo do 2013
Finalmente Nokia anunciou
a nova funda de protección para o seu Lumia 620 (modelo CC-3061), que pode
colocarse en substitución da cuberta traseira do móbil, sen afear a súa
estética, e dotándoo de protección contra a auga e o po, cumprindo a
certificación IP54.
Este accesorio é unha boa opción para usuarios que queiran dotar dunha
protección adicionais ao seu móbil, sen ter asà que optar por outro modelo que
inclúa tal prestación de serie (e que normalmente teñen prezos bastante
superiores).
A funda, pese a ter o espazo destinado á cámara traseira do móbil e á pantalla
á vista, ten un selado mellorado que impide a entrada da auga e o po. O seu
exterior (feito de TPSiV) é máis suave, o que tamén achega un mellor agarre, e
a súa adquisición parece máis que recomendable se tempo en conta que o seu
prezo de venda recomendado é de só 25 euros.