O Nubia Z11 preséntase apadriñado por Cristiano Ronaldo

martes, 28 de xuño do 2016 Marcus Fernández

A marca de smartphones premium de ZTE, Nubia, vén de presentar o seu novo terminal, o Nubia Z11, un auténtico móbil de alta gama que busca facerse un sitio entre os teléfonos de alta gama, con acabado coidado e prezo relativamente contido.
Estamos ante un smartphone con pantalla Full HD de 5,5 polgadas e procesador Qualcomm Snapdragon 820, que chegará ao mercado chinés o 6 de xullo en dous modelos: un con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno, e outro con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno que terán uns prezos de 2.499 e 3499 iuans respectivamente (339,78 e 475,74 euros).
Estes atractivos teléfonos funciona con Android 6.0.1 coa capa de personalización Nubia UI 4.0, teñen cámara traseira de 16 Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe e apertura f/2.0, cámara frontal de 8 Mpíxeles, co grande angular, dobre SIM, 4G (con VoLTE), sensor de pegadas dixitais, son de alta fidelidade e batería de 3.000 mAh con carga rápida e, como curiosidade, vai contar cun modelo de edición limitada asinado por Cristiano Ronaldo do que aínda non se coñece o prezo de venda.
Dende Nubia volven demostrar que os deseños elegantes na telefonía móbil non son exclusiva dos principais fabricantes, e dende China tamén poden comercializar produtos de auténtico luxo.

O Nubia Z11 chegará ao mercado en varias cores
Cristiano Ronaldo é o embaixador da marca Nubia de ZTE

PUBLICIDADE