O OQO modelo E2 incorpora HSDPA
martes, 4 de decembro do 2007
O pasado mes de setembro
chegou ó mercado europeo o modelo E2 do popular ordenador ultraportátil OQO,
que agora xa se pode reservar
unha versión renovada do mesmo que inclúe conectividade HSDPA/UMTS 2.100 Mhz,
GSM/EDGE/GPRS 900/1.800 MHz, de xeito que mellora de xeito importante a súa
mobilidade, pois onde non conte con conectividade Wi-Fi poderá empregar a banda
larga móbil que comercializan moitas operadoras de telecomunicacións.
Os novos OQO miden 142 x 84 x 25
mm, pesan só preto de medio quilogramo, inclúen
procesadores de entre 1,5 e 1,6 GHz, 1 Gb de memoria RAM, disco duro de ata 120
Gb, pantalla WVGA de 5 polgadas, Wi-Fi, Bluetooth, saÃda de vÃdeo VGA e HDMI,
USB 2.0, teclado retroiluminado e se pode mercar con Windows XP ou mesmo con
Windows Vista, o que resulta impresionante para un equipo de tan reducido
tamaño.