O Oppo Find X será o primeiro smartphone con 10 GB de RAM
venres, 28 de setembro do 2018
O Oppo
Find X é un dos móbiles máis revolucionarios deste ano, polo seu deseño que ao
optar por unha parte superior retráctil na que se agochan as cámaras, consegue
que a pantalla ocupe o 93,8% do seu frontal, pero non se conforman en que
este móbil sexa todo un referente en deseño, senón que, se atendemos aos
datos da entidade reguladora chinesa TENAA, serÃa o primeiro smartphone do
mercado en ter un modelo con 10 GB de memoria RAM (e 256 GB de almacenamento
interno).
AÃnda que tal cantidade de memoria semella excesiva, sen dúbida será un bo
reclamo para os que adquiren os seus dispositivos tendo moi en conta as súas
especificacións. AÃnda que a cantidade de 10 GB non resulte moi natural, destacará por ser a primeira
vez que un smartphone ten unha capacidade de memoria volátil de 2 dÃxitos.