O Oppo Find X9 Ultra chegará ao mercado español
martes, 3 de marzo do 2026

- Imaxe do Oppo Find X8 Ultra, que non chegou venderse oficialmente en España
Oppo anunciou que comercializará en España o novo Oppo Find X9 Ultra, un smartphone que por primeira vez sairá fóra de China na súa versión Ultra, nun movemento que a compañÃa presenta como unha mostra do seu compromiso a longo prazo co mercado español.
O Find X9 Ultra integra o sistema de imaxe máis avanzado desenvolvido ata o momento pola marca para un smartphone. Combina enxeñarÃa óptica de última xeración co obxectivo de elevar a fotografÃa móbil a un novo nivel. Este sistema foi deseñado en colaboración con Hasselblad, no marco da alianza que ambas compañÃas manteñen no ámbito da imaxe profesional.
Baixo o lema «A túa vindeira cámara», o Oppo Find X9 Ultra preséntase como un terminal orientado a ofrecer un rendemento fotográfico de nivel profesional dentro da gama insignia da firma. Durante o acto celebrado en Barcelona, o conselleiro delegado de Oppo Europa, Elvis Zhou, asegurou que o dispositivo «vai moito máis alá do que outros denominan ultra. Non é un smartphone con cámara, é unha cámara que ten un smartphone».
A compañÃa chinesa avanzou que o produto será presentado proximamente nun evento de lanzamento mundial no que se darán a coñecer máis detalles sobre a súa chegada ao mercado.
