O Proxecto ABALAR chegará ao dobre de alumnos o vindeiro curso
xoves, 24 de febreiro do 2011
- Núñez Feijoo tras o Consello da Xunta de hoxe
O Consello
da Xunta celebrado esta mañá aprobou a renovación do Proxecto ABALAR para o
curso 2011-2012, ampliando esta iniciativa de xeito que máis de 31.500
alumnos galegos poderán beneficiarse desta estratexia de integración das TIC no
sistema educativo galego. O proxecto duplicará as aulas, ao entrar por primeira
vez en centros novos e estender a súa área de actuación a 6º de primaria e 2º
da ESO (manténdoa en 5º e 1º).
En datas próximas a ConsellerÃa sacará a concurso público a subministración
do equipamento informático necesario, especificando as caracterÃsticas técnicas
requiridas para os novos ultraportatiles que se sumarán aos existentes, ata
completar a cifra de 31.500.
Grazas a esta nova
dotación, o Proxecto ABALAR continúa a medrar en Galicia, ofrecéndolle ao
alumnado a oportunidade de se formar no uso das TIC, e no seu aproveitamento
como recurso didáctico. Ademais, o ABALAR contribúe a facilitar a colaboración entre
todos os membros da comunidade escolar, a través do portal web espazoAbalar,
que lles permite ás familias facer un seguimento continuado da vida académica
dos seus fillos, asà como ter unha comunicación directa cos docentes.
Doutra banda, o
proxecto leva adxunto o programa Navega
con Rumbo, que ten como obxectivo impartir charlas divulgativas para que os
escolares realicen un uso responsable das TIC, e que xa ten chegado a máis de
5.000 estudantes, uns 500 profesores e 300 pais.
Na súa comparecencia
en rolda de prensa tras o Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez
Feijoo, asegurou que «o
vindeiro curso chegaremos ao 15% de todos os alumnos de primaria e secundaria
que estudarán con contidos dixitais a través do ordenador financiado con fondos
públicos da Xunta de Galicia».
Declaracións do presidente da Xunta tras a renovación do Proxecto ABALAR