O Realme C55 imita descaradamente ao iPhone 14 Pro
mércores, 8 de marzo do 2023
Está previsto que
nos vindeiros dÃas chegue a Europa o Realme C55, un smartphone
bastante económico, que vén de lanzarse en Indonesia a un prezo que ao cambio
serÃa de 153 euros, o que está bastante ben para un móbil cun procesador
MediaTek Helio G88, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno, pantalla Full
HD+ de 6,72 polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, cámara traseira cun
sensor principal de 64 MpÃxeles e unha baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de
33 watts, pero que finalmente vai destacar por un detalle do seu software
bastante criticable: a Mini Cápsula.
Resulta que a súa cámara frontal de 8 MpÃxeles integrada nunha perforación en
pantalla está disimulada dentro dun recadro de fondo negro con bordes redondeados
que aprovéitase para presentar información como o estado de carga do teléfono,
avisos de baterÃa baixa, uso de datos ou distancia percorrida a pé ese dÃa, ou
sexa, que o fabricante chinés tivo a pouca vergoña de plaxiar a illa dinámica
dos iPhone 14 Pro.
É de esperar que nos vindeiros meses vexamos moitos outros móbiles chineses
nesta liña, como tamén aconteceu no seu dÃa coa pestana superior dos iPhone, aÃnda
que sexa bastante ridÃculo que os fabricantes se esforcen en imitar prestacións
que realmente non aportan nada, senón que se limitan a imitar esteticamente á
competencia.
- A Mini Cápsula do Realme C55 é unha clara copia da Dynamic Island do iPhone 14 Pro