O Samsung GALAXY Tab 2 (7.0) funcionará con Android 4.0
luns, 13 de febreiro do 2012
Samsung presentou hoxe no Reino Unido o que será o seu
primeiro tablet con Android 4.0, o GALAXY
Tab 2 (7.0), que este mes chegará ao mercado británico para lanzarse ao
resto do mundo a partir do mes que vén tanto nunha versión Wi-Fi coma nunha con
conectividade 3G (HSPA+ de ata 21 Mbps).
O novo dispositivo conta cunha pantalla táctil TFT de 7 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, procesador a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8/16/32 Gb
de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), cámara
traseira de 3 MpÃxeles e outra frontal para vÃdeoconferencia (con resolución
VGA), A-GPS (na versión 3G), Bluetooth 3.0, USB 2.0, Wi-Fi N (con Wi-Fi
Direct), baterÃa de 4.000 mAh, unhas medidas de 193,7 x 122,4 x 10,5 e un peso
de só 344 gramos.
Este tablet non só funcionará con Android 4.0, senón que tamén incorporará a
capa gráfica Touchwiz e acceso aos servizos multimedia Samsung Hub dende os
que, por exemplo, están dispoñibles unha tenda de música con 17 millóns de
cancións, 2,3 millóns de libros electrónicos, 3.500 revistas e máis de 2.000
xornais en 51 idiomas, asà como máis dun milleiro de pelÃculas para mercar ou
alugar, trailers cinematográficos e incluso videoxogos.